O TSXG senta que Ravella vulnerou a negociación colectiva no 2009

    setenzauxt2 copia.jpg VILAGARCÍA> Entende que o goberno local obstaculizou o proceso ó non permitir a UXT participar nas negociacións previas dos orzamentos de 2009.

    {flowplayer}images/salnes/uxt_resolucions_xudiciais_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    O capítulo de persoal dos presupostos de 2009 do Concello de Vilagarcía e maila bolsa de contratación para o conservatorio poderían quedar anulados, en caso de executarse dúas sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O fallo entende que o goberno local, entón encabezado pola socialista Dolores García, vulnerou o proceso de negociación colectiva ó non permitir a participación do sindicato UXT.

    Na sentencia da denuncia de UXT contra o presuposto de 2009, o xuíz entende que existiu un actitude recia da corporación municipal para abrir o proceso de negociación. O sindicato considera que cerebro desa operación contra o persoal municipal foi o secretario provincial do PSdeG, Modesto Pose.

    UXT convocará en maio unha asemblea de afiliados para que decidan en urna que pasos tomar en base a estas sentencias. O sindicato pide ó novo goberno municipal de Vilagarcía que tome nota e non exclúa ós sindicatos da negociación colectiva do capítulo de persoal. Tralo coñecemento destas sentencias Fernán Couto indicou que, de momento, non houbo contactos co Concello.

    Redacción Salnés