Boiro acollerá o domingo 17 de setembro a sétima edición do Trail dos Indios-Castelo de Vitres

BOIRO> Despois de tres anos sen celebrarse, primeiro pola irrupción da covid e despois polos incendios, regresa o Trail dos Indios – Castelo de Vitres que organiza o Club Tribu Trail.

A cita terá lugar o domingo 17 deste mes de setembro. Constará de dous percorridos, un de 25 quilómetros e outro de 14, con niveis de dificultade media-alta.

Como novidade nesta edición, a proba estará homologada pola Federación Galega de Montañismo para poder incluila xa de cara a vindeiros anos en probas oficiais.

Dende a organización e tamén do Concello, que colabora na realización deste trail,  animan a participar na proba que transcorrerá na súa maior parte pola Serra do Barbanza por paraxes de gran beleza como pode ser o propio Castelo de Vitres

Agárdase unha participación próxima ós 200 atletas. As inscricións estarán abertas ata o mércores 14 de setembro, podéndose realizar a través da web de magmasports.es.

O prezo da inscrición será de 25 euros para o trail longo e 15 para o curto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí