![]()
PONTEVEDRA> Os seis vilagarciáns encausados pactaron condenas de nenos de dous anos de cadea cando a Fiscalía pedía de oito a nove.
{flowplayer}images/salnes/xuizo_narcotrafico_260412.flv{/flowplayer}
Tras dez anos de instrución, por fin celebrouse, a porta pechada na Audiencia Provincial de Pontevedra, o xuízo contra seis persoas acusadas dun delito de tráfico de drogas. Unha dilación que permitiu un acordo vantaxoso para os acusados, con penas de menos de dous anos de prisión, cando na instrución inicial a Fiscalía Antidroga pedía de 8 a 9 anos de cárcere.
Os feitos xulgados agora corresponden a unha investigación iniciada en 2001 pola Unidade Central Operativa da Garda Civil, que derivou no arresto en 2002 de cinco persoas nas Rías Baixas, máis unha sétima na localidade portuguesa de Celeiros. Na primeira detención incautouse case medio quilo de cocaína, valorada en máis de 29 mil euros. O procedemento chegou á Audiencia Provincial desde o Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía cunha década de atraso. Os motivos, sobre todo, a carencia de medios que tiña este xulgado naquela época.
Segundo estima o fiscal delegado Antidroga, daquela época aínda quedan pendentes dous procedementos. Luís María Uriarte considera que a reforma dos partidos xudiciais proposta polo Consello Xeral do Poder Xudicial podería evitar estes atrasos, aínda que ve máis beneficioso que houbera xulgados especializados.
Na Audiencia provincial tamén se xulgou hoxe a un mozo por agredir a outro home nunha discoteca da Illa de Arousa. O fiscal sostén que o acusado o golpeou cun vaso de cristal e lle propinou varias patadas, alcanzándolle cunha nun ollo. O fiscal, ó igual que a acusación particular, considera que o acusado cometeu un delito de lesións con deformidade polo que pediu para el 3 anos e seis meses de prisión.
Redacción Salnés








