RIANXO> O Concello informou do inicio das obras de saneamento e abastecemento de auga no núcleo de Quintáns, na parroquia de Isorna.
A actuación está a ser realizada pola empresa Mecano Obras y Reformas S.L. por un importe de preto dos 178 mil euros. Irá con cargo ó Plan de Obras da Deputación da Coruña.
Segundo informou o alcalde o proxecto virá a dar servizo a unhas 35 vivendas.
Trátase dunha intervención de gran importancia xa que as casas afectadas conectaranse deste xeito á depuradora existente, eliminándose unha zona de alto risco de vertidos directos á Ría.
Por outra banda a actuación virá a resolver tamén un problema de falla de subministro de auga, que se daba especialmente na época estival.
As obras contan cun prazo de execución de dous meses, polo que dende o Concello confían en que poidan estar rematadas ó final do verán.