![]()
CAMBADOS> A cambadesa Avelina Figueroa Estoño cumpriu hoxe 100 anos. Estaba ela xogando as cartas cas súas familiares e amigas na súa casa…
{flowplayer}images/salnes/100_anos_avelina_figueroa.flv{/flowplayer}
… de Castrelo cando se veu sorprendida por unha homenaxe. A Asociación Veciñal de Castrelo quixo entregarlle un ramo de flores e unha placa conmemorativa en recoñecemento a unha vida de esforzo. A propia homenaxeada e a súa filla agradeceron emocionadas o detalle dos seus veciños, que eles completaron cunha torta de aniversario.
Ó soprar as velas, Avelina pediu correspondente desexo para ela e tamén para a súa familia: a súa filla dos dous que tivo, 8 netos e sete bisnetos. Como ben di, Avelina non quere dar máis traballo porque para traballo xa tivo ela unha vida chea de avatares.
E é que non todo o mundo pode presumir desta lonxevidade. Os seus pensan que o segredo de chegar ós cen anos neste estado de saúde aceptable reside na alimentación das Rías Baixas.
Así que xa saben, se queren chegar a cumprir un século de existencia ca saúde de Avelina xa saben a receita: traballo, comida fresca da Ría e non deixar pasar un día sen tomar un vasiño de viño do país.
Redacción Salnés







