O GROVE> En total foron 11 as persoas distinguidas polo seu traballo altruísta en benificio da sociedade meca. As distincións veñen dadas pola Asociación de Protección Civil de Pontevedra
{flowplayer}images/salnes/MedallasPCGrove_130313.flv{/flowplayer}
No acto estiveron presentes varios membros da corporación, incluído o alcalde, e os xefes do resto de corpos e forzas de seguridade locais. Entregáronse as Medallas de Bronce ó Mérito na Constacia a Isabel Agrelo Bea e Amador Mariño. Tamén foi distinguido José Antonio Fraga, que non puido asistir á entrega.
Posteriormente entregáronse os diplomas acreditativos dos ascensos na escala de mandos. José Antonio Fraga, como novo Xefe de Unidade; Isabel Agrelo, Adrián Lijó e Enrique Escálante como Xefes de Grupo, e sete voluntarios que pasan a ser Xefes de Equipo: María Teresa Iglesias, José Antonio Álvarez, Juan Manuel Magdalena, Francisco Jesús Iglesias, María Antía Rodríguez e Javier Otero.
Todos eles recibiron as felicitacións e agradecemento tanto do alcalde como do concelleiro de seguridade cidadá pola labor desinteresada desenvolvida en favor da veciñanza meca.
Rematado o acto e trala pertinente foto de familia, os galardonados celebraron os seus ascensos e distincións na base de emerxencias.
Redacción Salnés