MORAÑA> Valga e Moraña celebraron a cerimonia de clausura do obradoiro de emprego do Ulla Umia. En total 20 participantes de ambos concellos estiveron formándose durante 9 meses en dous módulos diferentes. Hoxe cadanseu recibiu o seu título en albanelaría ou Forestais.
Os concellos de Valga e Moraña pecharon hoxe o obradoiro de emprego que ambos concellos realizan en común. En total 20 participantes estiveron formándose en dous módulos, albanelería e forestais.
O tempo de duración activa do obradoiro foi de 9 meses. Neste tempo os participantes estiveron levando a cabo diferentes actuacións nos concellos de Moraña e Valga. O que lles permitiu adquirir coñecementos á vez que melloraban o benestar dos veciños.
O obradoiro de emprego conta coa financiación da xunta de Galicia. A aportación da administración autonómica permitiu que os participantes cobrasen un salario á vez que se formaban. Ademais tamén adquiriron o título correspondente.
Os alumnos quixeron mostrar o seu agradecemento polas ensinanzas recibidas.
Dende os concellos ven fundamentais estes obradoiros para formar a persoas desempregadas e con pouca formacións. Coa colaboración da xunta xa teñen en marcha un taller de emprego xuvenil e nas vindeiras datas darán comezo a unha nova edicións dos módulos de albanelería e forestais.