MEIS> O CPI de Mosteiro lidera un proxecto europeo dedicado á investigación botánica. Coa axudas dos fondos europeos, o colexio meisino xunto con outros centros de Irlanda e as Azores levan a cabo un estudo experimental sobre a adaptabilidade dos cultivos autóctonos. O programa complétase con intercambios de estudantes que por motivo da pandemia aínda non puido realizarse.
O CPI de Mosteiro participa xunto con outros dous centro de Irlanda e as Azores nun proxecto europeo dedicado a investigación botánica. O programa forma parte do proxecto de Selección e Mellora Participativa na UE financiado pola axencia Erasmus +. Consiste en estudar o impacto das variantes autóctonas noutras localizacións.
O programa é único en Galicia e está encabezado polo estudio da investigadora Margarita Lema. Dende o mes de decembro 15 alumnos do CPI de Mosteiro realizan traballos tanto no campo como no laboratorio.
As plantas pertencen ao xénero das brassicas, máis coñecidos como repolos. Os alumnos encárganse dos seus coidados e estudos.
O programa ten catro obxectivos fundamentais: Coñecer as condicións das plantas, elaborar unha peza audiovisual e un articulo científico explicando o resultado dos estudios e no caso do colexio de Meis, crear unha nova sinatura dedicada aos estudos do campo. O proxecto complétase cun intercambio de alumnos que este ano non se puido realizar.
Dende o concello de Meis tamén quixeron destacar a importancia para a vila de que o centro participe nun proxecto de tanto calibre.
O proxecto levarase a cabo ata o ano 2023. Neste tempo participarán nos intercambios un total de 115 alumnos dos tres centros. Dende o CPI de Mosteiro agardan que o proxecto poida ampliarse ata o ano 2027.