Comparece ante xuíz o acusado do acoitelamento de Lordelo

    fotoasasinatocopia.jpgGROVE> Pouco despois das seis desta tarde pasou a disposición xudicial Alberto Sequenza Vila, presunto autor do acoitelamento de David Barreiro.

    {flowplayer}images/salnes/DeclaracionAsasinatoGrove.flv{/flowplayer}

    Corenta e oito horas despois do suceso, Alberto Sequenza pasou a disposición xudicial ante o responsable do xulgado número tres de Cambados. Sequenza, de 18 anos e veciño do Grove, é o presunto asasino de David Barreiro, o mozo de 20 anos de idade que o sábado perdía a vida no Grove despois de manter unha forte pelexa co detido.

    Eran ó redor das 6 da tarde cando Barreiro, acompañado por dous amigos, acudiu a esta casa da rúa Lordelo onde Sequenza residía coa súa avoa, aínda que nese momento a muller non se atopaba na casa. Neste garaxe e por motivos que aínda se descoñecen, comezou a lea que acabou coa vida de David.

    Ós veciños cústalles aínda crer o acontecido, e a maior parte non quería facer declaracións sobre o tema. Un incidente que deixou ó barrio sobrecollido. Ademais segundo algunhas informacións, Sequenza tería xa antecedentes policiais.

    Unha coitelada á altura do tórax que lle tería alcanzado o corazón e que fixo que se desplomara diante do propio garaxe. A pesares de que tanto o resto dos mozos presentes, como tamén algúns veciños intentaron reanimalo, nada se puido facer por salvarlle a vida.

    Segundo algunhas informacións, no momento do suceso tamén se atopaba na vivenda, no piso superior, a irmán do falecido e moza do presunto asasino.

    Algunhas hipóteses mesmo apuntan a posibilidade de que fora a relación entre Sequenza e a irmán de Barreiro, de 16 anos de idade o desencadeante da pelexa. Unhas supostas mensaxes ameazantes poderían ser a causa de que Barreiro lle reclamara o detido que cortara a relación coa súa irmán. Aínda que todo isto queda a espera dos resultados da investigación, esclarecer o acontecido.

    Redacción Salnés