![]()
VILAGARCÍA> O Pleno de Vilagarcía ven de aprobar, inicialmente, a ordenanza municipal de circulación; unha moción do equipo do goberno…
{flowplayer}images/salnes/pleno_villa_300412.flv{/flowplayer}
.. que fixo correr ríos de tinta nos últimos días en gran parte dos medios de comunicación a nivel autonómico e estatal. Nesta última sesión plenaria o edil Cholo Dorgambide defendeu esta normativa que persegue, segundo o equipo de goberno, adaptar a normativa vixente do 2006 á nova realidade peonil vilagarciá. O propio edil de seguridade cidadá explicaba as novidades máis salientables desta normativa. A oposición coincidiu en salientar esta norma como fascista e coartadora da liberdade da poboación, con normas que xa ben se regulaban polo sentido común.
O PSOE foi a única forza política que presentou unha serie de enmendas a esta proposta de ordenanza, sendo aceptada en todos os seus puntos agás dous. Razón pola cal pediron ó executivo que aprazase a aprobación desta moción, para ter máis tempo para adoptar unha posición consensuada. Os socialistas acusaron tamén ó equipo de goberno de traballar moi pouco pola cidadanía, xa que os plenos se baseaban, na súa inmensa maioría, de mocións propostas pola oposición.
Foi Marta Rodríguez a encargada de dar a réplica asegurando que moitos dos puntos que criticaba a oposición fora aprobada durante o goberno do anterior bipartito vilagarcián. Finalmente a moción saíu adiante unicamente cos votos a favor do PP e de IVIL, tras unha intensa trifulca entre goberno e oposición, co balbordo do público asistente como fondo.
Redacción Salnés









