Dieste asume a presidencia da xestora do PP boirés

    novaxestorappboiro.jpgBOIRO> O actual alcalde substitúe neste cargo a Manuel López Outeiral, que veu desempeñando estas funcións nos últimos vinte anos.

    {flowplayer}barbanza/novaxestorappboiro.flv{/flowplayer}

    O secretario Xeral do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, acompañado do secretario de Organización, Xosé Manuel Álvarez-Campana, participaron no acto de presentación da nova xestora do PP en Boiro, cuxa presidencia recaeu no actual alcalde, Xoán Xosé Dieste. Na súa intervención Diego Calvo agradeceu o traballo desenvolvido polo anterior equipo que veu presidindo o comité executivo local durante estes últimos 20 anos. De cara o futuro destacou a mestura de xente nesta nova etapa, moita dela nova e outra cunha gran experiencia en política municipal.

    Persoa apropiada

    O presidente saínte, Manuel López Outeiral, destacou a valía de Xoán Xosé Dieste, a persoas máis apropiada, segundo el, para ocupar este posto.

    Executiva renovada

    Pola súa banda o presidente da nova xestora, que apareceu acompañado na sede do partido da práctica totalidade das persoas elixidas que o acompañarán neste órgano provisional de dirección, prometeu traballo e esforzo nesta nova etapa, destacando que o partido está aberto á toda a cidadanía boiresa, na procura do interese xeral para Boiro.

    Redacción Barbanza