VILAGARCÍA> A partir do vindeiro luns, os comerciantes e hostaleiros de Vilagarcía poderán tramitar as súas solicitudes de axuda. Son achegas directas integradas dentro dunha estratexia global de reactivación da economía local. As achegas oscilan dende os 300 ós 800 euros. Para facerlle fronte, o concello terá que aprobar unha modificación de crédito no Pleno duns 400.000 euros.
A partir do luns da semana que vén, os comerciantes e hostaleiros de Vilagarcía afectados pola crise derivada do coronavirus, poderán solicita-las axudas do Concello. O goberno local levará a pleno unha modificación de crédito para contar con esa partida para achegas ó comercio local e sector da hostalaría.
As axudan forman parte dun paquete global, que está a deseña-lo goberno local. Teñen un carácter directo e van dirixidas, principalmente a autónomos e PEMES. As axudas oscilan entre os 300 e os 800 euros.
No concello calculan que as axudas poden chegar a mobilizar uns 400.000 euros. A isto hai que sumar bonos-comercio e tamén unha campaña para incentiva-la economía local.
O alcalde aproveita para agradece-las contribucións dos grupos da oposición a mellora-lo plan de reactivación da economía vilagarciá. Alberto Varela indica que malia encabezar un goberno en maioría, é fundamental atende-las achegas do resto de formacións. Lamenta, iso si, as “ocorrencias dos de sempre”, dixo, que acusan ó executivo de estar agochado nesta crise sanitaria.