Unha olladas ás orixes do socialismo no día dos traballadores

fundluistilve copia.jpg PONTEVEDRA> A Fundación Luis Tilve apadriñou a presentación de ‘As viaxes de Pablo Iglesias por Galicia’, obra que repasa parte da vida do fundador do PSOE.

{flowplayer}images/salnes/LIBRO_LUIS_TILVE.flv{/flowplayer}

A Fundación Luis Tilve está detrás da saída ó prelo de ‘As viaxes de Pablo Iglesias por Galicia’, un libro no que se recolle a vida e relación con esta terra do fundador do Partido Socialista Obreiro Español. Creada pola pluma do historiador Emilio Garrido, a obra supón unha viaxe no tempo que profunda tamén na descuberta e formación do socialismo galego.

Pablo Iglesias nacía en Ferrol en 1850 para emigrar, con nove anos, a Madrid. Alí residiu ata os 42 anos, tempo no que se achegou e consolidou as súas ideas socialistas ata que decidiu volverr á súa terra natal. Realizaría en total oito viaxes a Galicia, visitas nas que pasou por cidades como Vilagarcía, Pontevedra, Vigo, A Coruña ou Ourense. Nestes traxectos interesouse por contactar coa clase obreira e transmitirlles a necesidade de organizarse en torno a sindicatos para lograr melloras laborais.

‘As viaxes de Pablo Iglesias por Galicia’ supón o cumio dun logo proceso investigador no que Emilio Garrido compilou cartas entre o político ferrolán e destacadas figuras do momento, e mesmo informacións extraídas de publicacións da época. A obra fíxose co premio Luis Tilve de Investigación Histórica no 2010.

Redacción Salnés