O PP cualifica de ‘chapuza’ a xestión da licitación do alumeado de Nadal en Pontevedra

PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra tende a man ao concello para atopar alternativas que permitan adiantar o prendido do alumeado de Nadal. A formación alerta de que a día de hoxe o contrato aínda non está asinado e acusa ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores de deixadez. Cren que xustificar a decisión en base á crise climática é unha falta de respecto á intelixencia coa que ocultar unha chapuza.

O Partido Popular de Pontevedra súmase ás voces que reclaman o adianto do prendido do alumeado de Nadal. Rafa Domínguez asegura que a día de hoxe o contrato aínda non está asinado.

Para o líder dos populares, as razón explicadas polo goberno, a crise ambiental e o incremento dos prezos, son excusas coas que o BNG intenta cubrir un erro. Recordou tamén que a pesares dos argumentos defendidos polos nacionalistas, o seu socio de goberno, o PSOE, xa anunciou que vai poñer as luces da súa competencia a tempo.

Segundo Rafa Domínguez, a memoria xustificativa para o contrato das luces de Nadal elaborouse en setembro. O documento recollía que a instalación debería estar finalizada antes do 6 de decembro. Non foi ata o 8 de novembro cando se converteu nun preto de condicións para a licitación.

A pesares das críticas, Domínguez tendeu a mana o goberno local para adiantar o alumeado. Comprometeuse a apoiar a fórmula que sexa necesaria con contratos de urxencia para que se faga antes do día 16 de decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí