PONTEVEDRA> Louzán e Alvariño, incidiron na necesidade de reactivar a economía, e abordar a problemática do paro, que está a acadar cotas preocupantes.
{flowplayer}images/salnes/ReunionLouzanEmpresarios.flv{/flowplayer}
O traballo conxunto de administracións e empresarios plantéxase coma o mellor camiño a seguir para recuperar a confianza e conseguir a ansiada reactivación económica. Así o expresaron tanto o presidente da Deputación, Rafael Louzán, coma o Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño. Ambos amosaron a súa preocupación polas cotas de paro que se están a acadar, cuns niveis en Pontevedra que se ven fortemente incrementados debido as cifras rexistradas en Vigo onde uns 2000 negocios tiveron que botar o peche nos últimos meses, e que arrastra a media de toda a provincia.
E neste senso, para conseguir esa reactivación na economía, e xerar confianza, son precisas, segundo o presidente, reformas. Reformas laborais e financeiras xa se están a levar a cabo.
Nesa liña de necesidade de reformas profundas, se amosou tamén José Manuel Fernández Alvariño, segundo o presidente, o actual goberno está a tomar as medidas precisas para poñerlle solución ó erro do paro.
E dentro destas medidas de futuro, Albariño augurou ademais a fin das políticas de subsidio. Segundo o presidente é preciso camiñar cara as políticas activas de emprego.
Para rematar, o presidente da Deputación, respondendo ás preguntas dos xornalistas, tamén fixo referencia a cuestión das peaxes nas autovías. Dixo Rafael Louzán que polo de agora non hai ningunha decisión tomada e que se trata só dunha posibilidade dentro do plan de viabilidade que España ten que establecer. Un plan para sacar ó país do precipicio no que o deixou o anterior goberno. Tamén fixo referencia á herdanza socialista o presidente dos empresarios, que asegurou que o país está a punto de ser intervido e que iso é algo que hai que evitar.
Redacción Salnés