O triatlón volve á capital coa proba Cidade de Pontevedra

PONTEVEDRA> O domingo 23 de agosto o triatlón volverá copar as rúas pontevedresas. A cidade prepárase para acoller o Triatlón Cidade de Pontevedra que con quince edicións ás súas costas xa é unha das probas máis veteranas de toda Galicia. Como particularidade, a cita non está pensada unicamente para os deportistas federados; os afeccionados tamén terán a súa oportunidade no circuíto “YO SI TRI”.

 

O domingo 23 de agosto o triatlón porá en marcha aos pontevedreses. O Triatlón Cidade Pontevedra cumpre a súa décimo quinta edición, confirmándose como unha das probas máis clásicas do calendario galego.

Os deportistas federados serán os primeiros en competir na cita, a última clasificatoria para o Campionato Galego que se celebra en setembro en Lugo. Na categoría feminina a saída será ás 12 e vinte do mediodía; dez minutos despois, será na masculina.

Os participantes na súa vertente popular tamén farán este percorrido. A proba, coñecida como YO SI TRI, contribúe á promoción deste deporte polo que aposta a cidade. A inscrición permanecerá aberta ata o 18 de agosto.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/11/triatlon_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/11/triatlon_pontevedra.mp4{/flowplayer}