![]()
POBRA> Segundo os nacionalistas o concello debe asumir por este concepto uns 23 mil euros ó ano.
{flowplayer}barbanza/bngpobratraspasocompetenciascentrosaude.flv{/flowplayer}
En virtude do desenvolvemento do Pacto Local, no ano 2006, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a consellería de Sanidade asinaron un protocolo a través do cal, esta última asumiría a partir do 2009 os gastos de mantemento dos centros de saúde. Van alá máis de tres anos e o concello pobrés aínda non lle reclamou á Xunta o traspaso de competencias, debendo asumir un gasto anual para as arcas municipais de máis de 23 mil euros.
Por esta razón teñen previsto presentar por rexistro unha iniciativa na que lle preguntarán ó equipo de goberno cales foron as xestións tanto políticas como administrativas levadas a cabo diante da consellería de Sanidade durante estes anos para que esta asumise estas competencias.
Redacción Barbanza










