Localizadas en Vigo as dúas menores de Ribeira desaparecidas

    RIBEIRA> Final feliz. As dúas mozas menores de idade de Ribeira desaparecidas dende a tarde do pasado domingo xa están nas súas casas, coas súas respectivas familias. As dúas rapazas, Sarai Folgar e Alba Sampedro, foron localizadas pola Policía Nacional en Vigo, localidade na que se estaba a súa busca, despois da chamada que unha delas mesmo realizara na noite do domingo. Os axentes da comisaría viguesa puideron dar co seu paradoiro grazas á chamada dun mozo que recoñeceu a unha delas á saída dun supermercado e alertou á policía. As súas aportacións foron tamén vitais á hora de localizar o vehículo no que ó parecer se subiron.