A Milla Urbana Nocturna inaugura o programa deportivo do Nazareno

A POBRA> Ademais do pregón inaugural, A Pobra dará a benvida ás festas do Nazareno con deporte. O venres terá lugar a Milla Urbana Nocturna, nunha xornada que arrancará co Open Integrado de Tenis de Mesa organizado por ADECO-DEA.

Unha das citas máis lonxevas no ámbito deportivo da Pobra é a Milla Urbana Nocturna que acada este ano a súa 65 edición. Celebrarase este venres a partir das dez menos dez da noite con saída dende a Alameda, onde congregará corredores de tódalas idades, dende sub 6 ata máster.

Non será a única cita deportiva da xornada que arrancará a partir das dez e media da mañá co Open Integrado de Tenis de Mesa que organiza a asociación ADECO-DEA.