Igualdade promove a integración das mulleres con discapacidade

    BOIRO> A secretaria xeral de Igualdade visitou as instalacións da residencia de AMICOS en Comoxo. A entidade resultou beneficiaria dunha liña de axudas para mulleres con discapacidade. As mulleres con discapacidade son un colectivo especialmente vulnerable ante a discriminación. Co obxectivo de combatela, a Secretaría Xeral de Igualdade habilitou unha liña de axudas anual de máis dun millón de euros da que AMICOS resultou beneficiada. Ademais dunha achega de nove mil euros para formación investíronse outros vinte mil na dotación de mobiliario e equipamento. A colaboración deste e doutros departamentos, non só autonómicos, senón que de varias administracións fixo posible que AMICOS continuara coa súa inestimable labor dende a súa constitución no ano 2000. Ademais do centro ocupacional de Ribeira dispoñen da residencia en Boiro que a secretaria xeral de Igualdade tivo ocasión de coñecer. Trátase dun centro de referencia dotado das máis modernos recursos asistenciais como a aula de estimulación sensorial ou a unidade de rehabilitación. demais do apoio económico das administracións públicas, a construción da residencia foi posible grazas á comunidade de montes de Comoxo que cedeu os terreos.