![]()
VILAGARCIA> O Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía, abre as súas portas ó público ofrecendo unha oferta turística distinta: unhas 78 hectáreas…
{flowplayer}images/salnes/xornada_guias_turismo.flv{/flowplayer}
…de propiedade, 25 delas de viñedo e 15 delas de xardín dunha alta importancia botánica. Son os de maiores dimensións do Salnés e de entre os meirandes de Galicia. Con esta oferta perséguese ofrecer unha opción máis para desestacionalizar o turismo das Rías Baixas.
E é que no Pazo de Rubiáns se non estamos en tempada alta de turismo, moito mellor, porque o mellor viño en maridaxe ca fermosura dunha ampla gama de camelias danse mellor fóra das calores do verán.
Arestora, Pazo de Rubiáns, está organizando estas visitas en colaboración con Turgalicia, a Asociación de Guías Turísticos de Galicia e axencias de viaxe. A partires de aquí, serán eles os que propaguen as excelencias desta finca agochada preto do Polígono Industrial do Salnés. Tamén se pode acudir de xeito privado ás visitas programadas nos horarios concertados.
Redacción Salnés







