Os traballadores non desbotan levar a falta de RPT en Pontecesures aos xulgados

PONTECESURES> Os traballadores do concello de Pontecesures retoman as concentracións. O cadro de persoal denuncia que o equipo de goberno, agora en funcións, non cumpriu a súa promesa de entregarlles un primer borrador da relación de postos de traballo no mes de abril. Agora están decididos a manter as concentracións ata o 15 de xuño, toma de posesión do novo goberno. Despois, non desbotan levar o conflito aos tribunais.

Todos os luns e os venres, ás 12 do mediodía e ata o 15 de xuño, esta será a imaxe que se poderá ver ás portas do concello de Pontecesures. Os traballadores retoman as mobilizacións, despois de que o equipo de goberno non cumprira a súa promesa.

O 15 de xuño será o día no que tome posesión a nova corporación. Así as cousas, o cadro de persoal sinala que o estar en funcións non debería ser un impedimento para avanzar na RPT.

Para xudicializar o conflito, deben agardar a que remate formalmente o prazo de execución que o concello concedeu á empresa á que lle encargou a redacción da RPT. Trala toma de posesión, os traballadores analizarán o camiño a seguir.