Salvador Cores “Manso” deixa a dirección de Vilaxoán Canta despois de 43 anos

VILAGARCÍA> Despois de 43 anos dirixindo Vilaxoán Canta, o Manso anuncia a súa retirada. Farao por motivos de saúde. O vilagarcián seguirá ligado a música manténdose en Manso e Amigo e na Coral de Tremoedo. A agrupación vilaxoanesa estará agora liderada por Álvaro Cardalda.

Hai 43 anos Salvador Cores, o Manso, e Máximo Patiño fundaban Vilaxoán Canta. Unha agrupación que cada sábado das festas do Carme fai cantar a todo o pobo vilaxoanés. 43 anos despois o Manso anuncia a súa retirada. A razón deste paso tan importante son problemas de saúde.

Tras toda media vida dedicada á agrupación, o Manso quédase co fenómeno social no que se converteu Vilaxoán Canta.

De todos os bos momentos vividos, hai un ao que Salvador Cores garda un cariño especial, que é o homenaxe en vida que lle deu o pobo de Vilaxoán.

A dirección de Vilaxoán Canta será agora para Álvaro Cardalda, que dende hai uns anos xa colaboraba ca agrupación. O manso deixa a dirección pero axudará en todo o que o necesiten.

A pesar de deixar Vilaxoán Canta, Salvador Cores non se desliga da música. Os problemas de saúde impídenlle dirixir a agrupación vilaxoanesa pero seguirá participando en Manso e Amigos e na coral parroquial de Tremoedo.