Únete a Volta arranca esta fin de semana en Lalín, Tui e Cambados

PONTEVEDRA> Esta fin de semana arranca o programa Únete a Volta, promovido pola Deputación de Pontevedra e a empresa Unipublic. Durante todo o mes de maio realizaranse 19 marchas cicloturistas por varios concellos da provincia que pretenden sacar o maior número de bicicletas ás estradas pontevedresas.

{flowplayer}images/salnes/Volta_050312.flv{/flowplayer} 

Dende Lalín darase o pistoletazo de saída a Únete a Volta, un programa de actividades en torno ó ciclismo que fará que se celebren 19 marchas cicloturistas pola provinvia de Pontevedra durante as catro fins de semana do mes de maio. Despois de Lalín e Tui, que será o sábado pola tarde, chegará o turno de Cambados ás 10:00 do domingo. Vilagarcía, Catoria, Vilalonova, Ribadumia ou Sanxenxo tamén acollerán estas marchas en fins de semana posteriores.

Unha acitvidade semellante a que se viñan realizando en anos anteriores pero que nesta ocasión preténdese potenciar, aproveitando a paso da Volta Ciclista a España pola provincia de Pontevedra, onde estará catro días durante o mes de agosto. Ademais da colaboración de Unipublic, a Deputación conta co asesoramento do exciclista Marcos Serrano. Os eventos contan co patrocinio do Corte Inglés, Coca Coca, Spiuk, Yamimoto e Norbike.

Dende a Deputación porase en marcha o sábado unha páxina web onde se pode adquirir toda a información necesaria sobre Únete á Volta.

Paralelamente organizarnase actividades e gincanas na liña de saída destas marchas. Ademais realizaranse diferentes sorteos entre os cicloturistas, entre eles o de bicicletas eléctricas, ó que poderán optar todos aqueles que participen por exemplo, na marcha deste domingo en Cambados.

Redacción Salnés