Dobre Campioa de España en categoría Junior

BARBANZA> A atleta ribeirense, Ana Peleteiro, que milita no Fútbol Club Barcelona, volveu a dar mostra do seu potencial esta pasada fin de semana durante a disputa do Campionato de España Junior de Pista Cuberta celebrado en San Sebastián, onde conseguiu dúas medallas de ouro, nas especialidades de triple salto e 60 metros lisos. No triple salto evidenciou de novo a súa superioridade sobre as demais, sen ter que forzar demasiado a máquina, fíxose co título, cun mellor salto de 13’34, lonxe dos 13’91 acadados nos recentes campionatos de España en categoría absoluta que lle serviron tamén para facerse co título nacional. Na proba desta fin de semana, Peleteiro tamén conseguiu coroarse na velocidade, coa vitoria nos 60 metros lisos, cunha marca de 7’61. Os dous títulos acadados no Nacional Junior evidencias as enormes potencialidades da atleta ribeirense, considerada como unha das grandes promesas do atletismo español.