Un Vilalonga mermado sufre para empatar co Pontevedra B

vilalonga250_160309.jpgSANXENXO> O Vilalonga deixou escapar unha boa oportunidade para engancharse na loita pola cuarta posición da xeral. Os de Gabi leis acudían ó choque con moitas baixas, e iso notouse ante un Pontevedra B que arrancou un empate e fixo méritos para levarse os tres puntos.

{flowplayer}images/salnes/vilalonga_160309.flv{/flowplayer} 

Non puido o Vilalonga cun Pontevedra B que demostrou ser mellor equipo do que reflicte a clasificación. Ben é certo que o cadro celeste presentábase con numerosas baixas ó encontro, ás que houbo que sumarlle a de Rubí, que cun golpe na cadeira tivo que retirarse ó cuarto de hora.

O primeiro en avisar fora po conxunto visitante, pero o primeiro en pegar foi o Vilalonga, tras aproveitar Machu un erro defenseivo en cadea dos granates.

A ledicia estivo a piques de durar moi pouco. Cruz aproveitou un erro da defensa local para prantarse só diante de Gabi; a súa valesina, repeleuna o pau.

A partir dese susto o Vilalonga xogou os seus mellores minutos do partido. Dominou, creou perigo e tivo o balón. Entre Saúl e Machu estiveron a piques de asinar o 2-0; pero cando mellor estaban os de Gabi Leis, chegou o empate. Capelo servíu para Quique Cubas, que arrancou en posición máis que dubidosa para definir ben ante Gabi. Era o minuto 38 (1-1). Antes do descanso, Pablo Pillado intentouno dende lonxe, pero o seu disparo foise alto.

Xa no segundo tempo, ós tres minutos, os pontevedreses rondaron o 1-2. Capelo sacou a relucir a súa zurda e mandou o balón ó longueiro. E o que chegou foi o segundo do Vilalonga, nun penalti máis que dubidoso sobre José. Saúl lanzouno ó mesmo sitio que a semana pasada en Baltar e puxo o 2-1.

En desvantraxe e con corenta minutos por diante, o Pontevedra B tirouse ó ataque. Cruz lanzou fóra unha ocasión inmellorable; o árbitro comeuse un penalti de libro sobre Capelo e rematouna no gol do empate ó non ver a instancias do seu asistente, a posición de fora de xogo de Quique Cubas. Con todo, o ariete granate, resolveu a xogada igual de ben que no primeiro tanto.

De ahí ó final houbo tempo de ver o terceiro pau do Pontevedra B, e un par de arreóns locais que tamén estiveron preto do gol.

Esta empate (2-2) deixa ós de Gabi Leis na metade da táboa. Visitarán a semana que ven ó Gran Peña.

Redacción Salnés