O Partido Galego presenta 150 propostas veciñais para mellorar Ribeira

RIBEIRA> O Partido Galego rexistrou no concello de Ribeira 150 propostas recollidas nunha serie de xuntanzas cos veciños das distintas parroquias. A formación concorre por primeira vez ás eleccións municipais con Moisés Domínguez como cabeza de cartel.

As propostas veciñais das que se ven facer eco o Partido Galego refírense principalmente á falla de mantemento en instalacións municipais así como eivas en materia de accesibilidade. como exemplo, destacan o mal estado das pistas multiusos en Corrubedo e Oleiros ou os problemas cos que se atopan persoas con mobilidade reducida nos pasos de peóns.

É a primeira vez que o Partido Galego, fundado en 2020, concorre a unhas eleccións municipais. En Ribeira farao con Moisés Domínguez como candidato. O obxectivo de cara ós comicios é conseguir a representación suficiente para ser chave de goberno.

Domínguez concorrerá ás eleccións cunha lista integrada por 21 persoas, algunhas con experiencia en política municipal. Darase a coñecer nun acto que se celebrará o 15 de abril no Ateneo Valle-Inclán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí