VALGA> A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, inaugurou a ampliación do centro que desde hai uns meses permitiu aumentar a oferta de 40 a 81 matrículas.
{flowplayer}images/salnes/beatriz_mato_bano.flv{/flowplayer}
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou a ampliación da escola infantil municipal de Valga, acompañada do alcalde, o presidente da Deputación de Pontevedra e mailo delegado territorial da Xunta. A conselleira tivo oportunidade de visitar as novas aulas e, segundo lembrou, a obra supuxo 350.000 euros de investimento, que permitiron dobrar a capacidade da gardería.
Mato engadíu que esta ampliación se incluíu na axenda da Consellería de Benestar para poñer a disposición das familias prazas públicas en escolas infantís. O obxectivo para o final da lexislatura é que Galicia conte con 4.500 prazas máis que en 2009.
Para a titular de Benestar esta foi a súa primeira visita oficial a Valga e rematou no recen construído Centro de día e ocupacional de discapacitados. A obra custou 1,7 millóns de euros, financiados na súa meirande parte pola Xunta, pero no que tamén participaron Concello e Deputación de Pontevedra. Segundo indicou a conselleira, o centro está pendente dun informe de inspección para ter autorización e poder entrar en funcionamento.
As previsións da Xunta son crear máis de 600 prazas públicas en centros destinados a discapacitados.
Redacción Salnés