O 3on3 Carneiro ao Espeto de Moraña será puntuable para o Circuíto Galego

    MORAÑA> O Torneo 3×3 do Carneiro ao Espeto 2016, de Moraña, entra a formar parte do selecto cuarteto do novo Circuíto Galego 3×3, mantendo a gratuidade da participación. 

     

    A XVI Edición do xa tradicional, Torneo 3×3 Carneiro ao Espeto formará parte do novo Circuíto Galego. O 29 de xullo os que se acheguen a Moraña poderán disfrutar dunha das modalidades máis espectaculares e en auxe do mundo do baloncesto. 

    Os participantes desta competición non só pelexarán por un dos títulos máis desexados da comunidades, senón que tamén poderán acceder a final do Circuíto Galego de Baloncestoo 3×3. 

    As inscricións estarán abertas ata mañá, dous días antes do campionato. Unha competición que ano tras ano reafirma a súa importancia, con multitude de alicientes, como concurso de triples, mates ou unha comida de confraternidade na carballeira de Santa Lucía. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/26/ptac_torneo_baloncesto_espeto_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/26/ptac_torneo_baloncesto_espeto.mp4{/flowplayer}