O BNG considera que o goberno local favorece a certos promotores

    muronoalla100_120208.jpgSANXENXO > O BNG denuncia que o grupo de goberno do PP ten unha dupla vara de medir as infraccións urbanísticas segundo quen sexa o promotor.

    muronoalla300_120208.jpgSANXENXO > O BNG denuncia que o grupo de goberno do PP ten unha dupla vara de medir as infraccións urbanísticas segundo quen sexa o promotor.

    Segundo lembran os nacionalistas, ante a denuncia feita por uns veciños de Noalla, o grupo de goberno do Concello de Sanxenxo anunciou, o día 7 de novembro pasado, que paralizaba as obras no Solo Urbanizable número 12, en Noalla. O motivo alegado era que os promotores estaban levantando un muro de peche que invadía un camiño de servidume. O concelleiro de urbanismo manifestaba naquela data que debía ser restituída a legalidade retranqueando o muro ó límite da parcela.

    Sen embargo, o BNG sinala que a día de hoxe o muro segue no mesmo sitio e as obras de urbanización do solo continúan. Explica o voceiro nacionalista, que a xustificación que os responsábeis do concello dan ós veciños é que o camiño non é público senón que se trata dunha servidume de paso para as fincas limítrofes. Advirte ademais que a promotora do solo ten previsto que a recollida de augas pluviais, das 355 vivendas previstas no ámbito así como as das vías, se canalicen dándolle saída polo camiño de servidume, o que provocaría o asolagamento de todas as fincas. O BNG indica que na Xerencia de Urbanismo, a día de hoxe, non consta aberto un expediente de infracción e restitución da legalidade, o que ó seu parecer, contrasta coa celeridade por parte do concello de derrubar o muro a un veciño de Bordóns ou co anuncio de paralización de vivendas particulares.

    O grupo nacionalista exise ó Concello que paralice dun xeito efectivo a urbanización do S.U. nº 12 de Noalla e se analice polo miúdo as consecuencias que pode ter a canalización das augas pluviais para que os veciños de Noalla non se vexan prexudicados. Tamén piden que non se teña diferentes actuacións e se faga cumprir a legalidade urbanística a todos por igual, ‘independentemente do poder que teña o promotor’.

    Redacción Salnés