O Concello propón alternativas para os azulexos dos bancos de Ravella

    VILAGARCIA> Os bancos de Ravella seguen acaparando a atención e o interese da Comisión en Defensa do Patrimonio de Vilagarcía.

    {flowplayer}images/salnes/reunion_azulexos_ravella.flv{/flowplayer}

     Ó fío desta actuación, o Alcalde Tomás Fole ven de reunirse cos representantes desta plataforma cidadá para darlles conta de como evolucionan as actuacións.

     Arestora están na procura duns azulexos que lle digan ó banco, posto que igualar os anteriores sería extremadamente caro porque ningunha fábrica os realiza xa, e tería que ser por encargo exclusivo, co custe que eso conleva. Fole propúxolles outras alternativas de deseño que, aínda sendo do mesmo estilo das antigas, non as igualan, pero o seu prezo si pode ser asumido polo Goberno Local, e máis nestes tempos de crise.

    O rexedor vilagarcián ratificou o seu compromiso con este colectivo que é ó que máis atención prestaron ate o de agora; pero tamén lles pide comprensión para estes momentos de carestía, nos que hai problemas moito máis urxentes para o cidadán.

    Redacción Salnés