Portos investirá 500 mil euros para construir 14 departamentos para o uso dos mariñeiros de Sanxenxo

SANXENXO> Os mariñeiros de Sanxenxo poderán contar con 14 departamentos para gardar os seus aparellos. Portos de Galicia presentou un proxecto cun orzamento de 500  mil euros para a construción dunhas edificacións móbiles que si situarán no propio peirao. Estes galpóns permitiran que os traballadores non teñan os seus materiais esparexidos polo porto, estando máis seguros e mellorando a imaxe da zona deportiva.  

Todos estes aparellos que os mariñeiros de Sanxenxo gardan ao longo do porto deportivo, serán gardados en departamentos nas vindeiras datas. Portos de Galicia presentou un proxecto para a construción de 14 galpóns que serán empregados polos mariñeiros da vila para gardar os seus materias.

Os departamentos permitirán que os mariñeiros gocen dun espazo propio onde gardar os seus aparellos sen deixalos no porto, cos riscos que iso conleva.

O proxecto ten un orzamento de 500 mil euros. Proporcionar un departamento onde os mariñeiros garden os seus materiais permitirá que o porto goce de máis espazo e mellore a súa imaxe.

O proxecto sairá a licitación nas vindeiras datas co obxectivo de que se instalen ao longo do ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí