Ribadumia quere que a súa ‘folla redonda’ sexa variedade autorizada

RIBADUMIA> Ribadumia pelexará polo tinto de Barrantes. O concello votará este xoves a proposta do goberno local unha moción para instar a Medio Rural a recoñecer a variedade folla redonda como autorizada. Un obxectivo que require aínda de moitos pasos intermedios, pero que permitiría comercializar o viño con máis garantías.

Ribadumia avanza para reivindicar o seu tinto de Barrantes. O goberno local presentará unha moción para instar a Medio Rural a recoñecer como autorizada a variedade folla redonda.

Para defender esta postura, recoñecen a importancia que este tipo de uva tivo para o concello, pero tamén para a comarca do Salnés. Non en van, é a protagonista dunha festa que cumpre xa 46 anos, e que  se recoñece como un importante soporte económico.

O concello dá agora un paso adiante, pero son conscientes de que o camiño será longo. Por diante queda que Medio Rural faga os estudos precisos para analizar a orixe desta uva de folla redonda, para despois conseguir os informes doutras administracións competentes.

A proposta chega en plena conta atrás para a celebración da cuadraxésimo sexta Festa do Viño Tinto do Salnés. Recordemos que a cita arrincará o 31 de maio, para rematar o 3 de xuño cunha fin de semana de exaltación deste popular caldo.