A caída de dous eucaliptos obriga a pechar a estrada de Moldes

POBRA> O temporal da pasada noite deixou un regueiro de incidencias na Barbanza. A máis significativa afectou á estrada AC-302, que une a Pobra do Caramiñal co hospital da Barbanza. A caída de varias árbores sobre a calzada obrigou ó peche do vial. O tráfico restablecíase ó redor das catro da tarde.

As intensas chuvias deste últimos días e as fortes rachas de vento parecen estar detrás da caída destes dous eucaliptos de grandes dimensión enriba da estrada AC-302, de titularidade autonómica, que une o concello da Pobra do Caramiñal co Hospital da Barbanza. O suceso producíase ó redor das tres desta pasada madrugada, nun tramo de apenas un quilómetro do polígono da Tomada.

Dende primeiras horas da mañá persoal da brigada de mantemento de estradas da Xunta, coa colaboración de membros da Agrupación de Protección Civil da Pobra traballaron arreo na retirada das árbores. Uns labores que se prolongaron máis do agardado debido ó tamaño das mesmas.

O suceso obrigou ó peche temporal da estrada por parte da Garda Civil de Tráfico. Unha vez retirados os troncos procedeuse tamén á limpeza da vía, restablecéndose de novo a circulación a última hora da tarde.

Durante a noite producíase ademais un novo incidente na zona. Un condutor fixo caso omiso ás sinais de peche da vía, e acabou colidindo contra unha das árbores.

A súa ousadía acabou, por fortuna, sen ter que lamentar danos persoais. Do que de seguro non se salvará e da sanción oportuna por infrinxir as normas de circulación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí