A POBRA> Os usuarios do Centro de Día da Pobra son os protagonistas do proxecto ‘Retratos da Memoria’ que vén de poñer en marcha o concello en colaboración cun equipo de voluntarios.
Preservar a memoria dos nosos maiores a través da súa historia de vida é o obxectivo de Retratos na Memoria, un proxecto que vén de poñer en marcha o concello da Pobra, froito da colaboración da concellería de Servizos Sociais, o centro de día da localidade e un equipo de voluntarios.
Andrés e Paola, pintor e fotógrafa, son os promotores desta iniciativa na que os usuarios do centro de día son os protagonistas.
As fotografías e retratos elaboradas durante o proxecto serán expostas nunha mostra que previsiblemente verá a luz no segundo semestre do próximo ano. Irá acompaña dunha serie de pezas audiovisuais nas que conten parte da súa historia persoal.
Nesta primeira fase participan 18 usuarios do centro de día, número que previsiblemente aumentará unha vez se cursen as autorizacións a tódalas familias.