David Cal espera volver de Pekín con dous ouros

david_cal.jpgPONTEVEDRA > David Cal, o abandeirado do equipo olímpico español xa está rumbo a Pekín. O piragüista de Cangas despediuse esta mañá cunha rolda de prensa na Deputación de Pontevedra onde dixo que aspira a traer dúas medallas de ouro.

O padexeiro galego David Cal é ambicioso respecto ós seus obxectivos nos Xogos Olímpicos de Pekín. Na súa última rolda de prensa antes de partir para China sinalou que en principio o seu obxectivo é conseguir medalla de ouro en cada unha das probas que vai a disputar, os 500 e os 1.000 metros en C-1. Deste xeito superaría o ouro e a prata conseguidas en Atenas 2004. Cal recoñece que está en mellores tempos que nos últimos anos e cre que chega a esta cita en mellor forma. Para David Cal, o feito de ser o abandeirado do equipo español na cerimonia de inauguración dos xogos é unha honra pero tamén unha responsabilidade.

Redacción Salnés