Boiro prepárase para unha final ante o Náxara

BOIRO> Como dunha final se tratara. Boiro vive xa con expectación o encontro que disputará mañá o conxunto local, ás cinco e media da tarde, no municipal de Barraña. A ocasión ben o merece, o partido de volta da primeira eliminatoria polo ascenso a Segunda División B ante o Náxara. O conxunto que adestra Gelucho deberá remontar un dous a un da ida. Para este encontro, o de Cacheiras non poderá contar co seu capitán, o central Cardeñosa, que foi sancionado pola Federación cun encontro de sanción, trala súa expulsión na Rioxa. A venda de entradas para este partido marcha a bo ritmo, e dende o club sinalan a de mañá, será sen dúbida, a mellor entrada da tempada.