VILAGARCÍA> Unha vez máis o deporte unirase por unha causa benéfica, desta volta en Vilagarcía. Arosa e La Junquera disputarán dous encontros, un de futgbol e futbol sala, en beneficio de Cáritas Interparroquial Arousa. Esta mañá presentouse o evento, un acto no que estivo presente o edil de deportes Luís Garrigós.
{flowplayer}images/salnes/torneoBenefico_110512.flv{/flowplayer}
Cáritas Interparroquial Arousa será a beneficiaria dunha inicitiva promovida polo Arosa SC e La Junquera FS. Ambos clubes disputarán dous encontros, un de futbol e outro de futbol sala, e os fondos recacados irán a parar de xeito íntegro a Cáritas.
O primeiro destes partidos será o martes día 22, festivo en Vilagarcía, día de Santa Rita, a partires das 18:00 no campo da Lomba. A volta, será en Fontecarmoa, nesa ocasión ambos conxuntos mediranse nunha pista de futbol sala. Será no mes de xuño, nunha data aínda por determinar.
Para o partido do día 22 as entradas colocaranse a un prezo de 5 euros. Ademais, para que a recadación sexa maior, haberá rifas para entrar no sorteo dunha escultura de Chazo e dunha camiseta do Arosa, asinada por tódolos xogadores do primeiro equipo. No descanso deste encontro actuará a Escola de baile e danza Coda, que ofrecerá unha exhibición de capoeira.
Yolanda Bóveda, secretaria de La Junquera, e Manuel Abalo presidente do Arosa, fixeron saber o acordo de colaboración ó que chegaron ambos clubes a partir do cal favorecerán o movemento ou traspaso de xogadores dun equipo a outro.
Ademais, dende o Arosa deron a coñecer a data na que se disputará o encontro ante o Marcón, de Copa Deputación. Será o xoves 17, ás 18:00.
No Junquera traballan contrarreloxo na creación dunha escola de futbol sala e na formación dun conxunto xuvenil, condición indispensable para participar o vindeiro ano na 2ªB nacional. Todo aquel que estea interesado en adquirir máis información pode chamar ó teléfono: 676.81.81.04.
Redacción Salnés