RIBEIRA> A Secretaría Xeral para o Deporte vén de sacar de novo a licitación as obras de ampliación do Complexo Deportivo da Fieiteira, no que se prevé a construción dun Módulo Cuberto de Atletismo.
A actuación quedara deserta cando se sacou a contratación no verán pasado a raíz do encarecemento de parte dos materiais de construción. O novo orzamento, logo de actualizar os seus custes, ascende a máis de 1’3 millóns de euros, IVE incluído.
O rexedor confía en que a actuación levante agora o interese das empresas para que poida ser xa unha realidade no primeiro trimestre do ano que vén.
A nova infraestrutura deportiva incluirá unha zona de adestramento cuberta para atletismo mediante un módulo que conta con pista de cinco rúas, zona de saltos e lanzamentos.
Tamén haberá habilitados espazos para ximnasio, sala de musculación e actividades de tecnificación para a práctica do taekwondo.