Aberto o prazo de inscrición para a Sin-Son 2022

PORTO DO SON> A Sin-Son 10k chega este ano a súa 11 edición. A proba celebrarase o domingo 18 de decembro, polo que a organización decidiu abrir xa o prazo de inscrición, que se prolongará ata o 12 de decembro a través da plataforma de emesports.

Co paso dos anos a proba estase a converter nunha das carreiras máis importantes das que se celebran na nosa Comunidade, o que fai que a organización deba aumentar tamén o seu compromiso coa proba.

Dende a organización traballan tamén na posibilidade de convidar de novo a algún atleta de renome a nivel nacional ou internacional.

Tódalas novidades da carreira serán anunciadas en vindeiras datas a través das propias redes sociais do evento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí