A Xunta respalda a Congalsa no seu camiño cara a Fábrica Intelixente 4.0

POBRA> O delegado provincial da Xunta na Coruña visitou esta mañá as instalacións de Congalsa para coñecer o programa 4.0 impulsado pola empresa con sede na Pobra. A Xunta colabora financiando parte desta ambicioso proxecto de intelixencia artificial orzamentado en seis millóns de euros.

O pasado ano Congalsa reforzou a súa constante aposta po,a innovación coa posta en marcha do proxecto Fábrica Intelixente 4.0. A incorpoación da última tecnoloxía de vangarda en tódolos departamentos permite desenvolver un sistema de intelixencia artificial enfocado a realizar os seguimentos da demanda e dos procesos de produción así como a optimizar a captura e o almacenamento de datos e reducir o uso de papel a cero.

E non só iso, senón que esta revolución tecnolóxica suporá tamén unha importante mellora nas condicións laborais dos traballadores a través da instalación de exo-esqueletos para reducir o esforzo físico en fábrica.

O proxecto, que conta cunha duración inicial de tres anos, ata 2022, conta co apoio da Xunta de Galicia que financia 2’3 millóns de euros do orzamento total que ascende ós seus millóns.Está dotado cun orzamento de seis millóns de euros 2’3 millóns en total seis millóns

Este importante esforzo inversor en I+D+I é posible grazas á capacidade de Congalsa cun crecemento de facturación superior ó dez por cento.

O delegado puxo a Congalsa como exemplo non só de modernización senón tamén de xeración de riqueza e emprego en Galicia cun total de trescentos trinta postos de traballo directos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí