![]()
O GROVE> Con ela saldarase a débeda de 826.042 euros que o concello atesoura en facturas pendentes.
{flowplayer}images/salnes/GROVE_CREDITO_ICO_150512.flv{/flowplayer}
O Grove vén de sumarse ós concellos que deron luz verde á solicitude dun crédito para saldar a súa conta de 826.042 euros de débeda con provedores. E fíxoo sen moitos atrancos, nunha sesión plenaria na que oposición e tripartito volveron lanzar acusacións mutuas de mala xestión económica. Comezou coa intervención do edil de Facenda explicando a necesidade de acollerse ó plan do goberno cenrtal e repasando as medidas de aforro adoptadas polo tripartito desde a súa chegada ó goberno. Medidas, apuntou, que non terían que resultar tan chocantes de aplicarse hai anos cando así se acordou en pleno.
Á exposición do edil respondeu o voceiro do Partido Socialista. José Antonio Cacabelos comezou cuestionando a necesidade de repasar as medidas de aforro adoptadas polo goberno para xustificar o motivo do pleno. Para o socialista, non cabe botar a culpa ó anterior goberno das débedas contraídas posto que cando o PSOE estivo en anteriores executivos, estes tiveron que dedicarse a sanear as débedas deixadas en herdanza por goberno populares.
Na mesma liña se manifestaron desde as filas do BNG e Esquerda Unida. Os primeiros apoiando a solicitude do goberno local e os segundos absténdose, ambos coincidiron na necesidade de levar adiante a operación para mellorar as contas dos provedores, e con elas, dinamizar a economía do concello. Aínda así houbo críticas. Para os nacionalistas deberíase ter recorrido a outras vías de pago e non ‘hipotecarse para o futura’ cunha débeda mínima.
Desde Esquerda Unida insistiron en pedir ó tripartito que, antes de pedir austeridade ós veciños, os propios concelleiros se aperten o cinto.
Finalmente, e pesar das críticas, o grupo de goberno logrou sacar adiante sen problemas a solicitude de crédito ó ICO para avalar o plan de pago a provedores.
Redacción Salnés






