SANXENXO> A Fundación Mapfre outorgou os recoñecementos do seu programa social de emprego, no que varias empresas da contorna foron premiadas polo seu compromiso coa integración laboral. O acto tivo lugar no Real Club Náutico de Sanxenxo e nel participou a Infanta Elena, entre outras autoridades.
As empresas Carmencitas Moda Infantil, Grupo Informático de Galicia, Chester Mobiliario, Alcampo Vilagarcía e Serviocio recibiron un importante recoñecemento da man da Fundación Mapfre baseándose no compromiso das mesmas coa integración laboral. O acto que tivo lugar no Real Club Náutico de Sanxenxo, asistiron numerosas personalidades entre as que se atopaba a Infanta Elena, Directora de Proxectos da Fundación Mapfre.
Durante o acto representantes das entidades e traballadores coma Pedro recibiron con moita ledicia este recoñecemento.
Unha mención especial recibiu a entidade Down Pontevedra (Xuntos), recoñecida polo seu apoio a este programa de integración social. O seu presidente recibía o recoñecemento da man da Infanta Elena, e sinalaba a importante labor que dende Xuntos levan a cabo pola integración.
No evento tamén participaron Covadonga Toca, Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, entre outros. Xa ven unha mañá diferente para todos estes premiados que conseguen que día a día o mundo sexa un lugar mellor.
Inicio crb