Margarita Robles: ‘Urovesa é un orgullo para nós e debería selo tamén para Galicia e para España’

VALGA> A Ministra de Defensa, en Valga. Margarita Robles visitou esta mañá as instalacións de Urovesa. Alí mantivo unha longa reunión de traballo coa dirección da compañía.

Trátase dun factoría onde se fabrican os vehículos todoterreo polivalentes do Exército de Terra que operan en distintas zonas de conflito. Nestes momentos, Urovesa está a fabricar tamén unha partida de seis ambulancias blincadadas por máis de 4 millóns e medio de euros. A entrega destes vehículos está prevista para finais deste ano.

A ministra agradeceu á empresa a súa capacidade de adaptación da produción ás necesidades específicas de cada momento, así como á contribución á axuda a Ucraína e o compromiso de España coa paz, dixo.

Tamén salientou a “altísima calidade” da industria de Defensa de España, salientando que Urovesa é un referente no sector cunha proxección internacional en 20 países.