A ILLA> A partir de agora terán que ser os concellos os que se encarguen de realizar estas labores con cargo ás súas arcas.
{flowplayer}images/salnes/visita_campo_bouza160512.flv{/flowplayer}
A Deputación de Pontevedra está a poñer a punto os terreos de xogo de 45 campos de fútbol de herba artificial. Son os que levan máis anos en funcionamento, como este da Bouza, na Illa de Arousa, inaugurado en 2007. O organismo provincial está a investir en cada un deles entre 12 mil e 15 mil euros e a intención é entregalos definitivamente ós concellos para que asuman xa con cargo ás súas arcas os gastos de mantemento.
O que se está a facer nestes campos é comprobar o estado do sistema de rego e recollida de augas, do alumeado e do marcador, e unha limpeza do céspede artificial. Tamén se fai un descompactado do caucho para achegar entre cinco e dez toneladas máis antes de darlle un cepillado. Nesta posta a punto, a Deputación está a comprobar que, en xeral, os campos están en condicións aceptables.
O Campo da Bouza, na Illa, estreou hai cinco anos este novo terreo de xogo, incluído no plan da Deputación, e hoxe en día conta ademais con gradas e alumeado, gracias ás xestións do Concello. O alcalde Manuel Vázquez agradeceu a labor do club Céltiga para manter en boas condicións o campo e comprometeuse a seguir traballando nel. Desde a Deputación, confían en que, se o bo tempo acompaña, poidan rematar en quince días esta posta a punto dos campos en toda a provincia.
Redacción Salnés