CAMBADOS> A principios desta semana a Ruta do Viño Rías Baixas incorporou un novo membro, o concello da Cañiza, no Condado. Con el son xa 101 os socios que integran esta proposta enoturística que cada ano gaña adeptos e que prepara para este verán novas actividades, como o descenso en kayak polo Umia. En Canal Rías Baixas estivemos coa xerente da Ruta, Lorena Varela, que nos ofreceu máis claves sobre o éxito da iniciativa e as propostas que garda para os vindeiros meses. A Ruta do Viño Rías Baixas transcorre por catro das cinco subzonas da DO Condado de Tea, Rosal, Salnés e Ulla. Nestes intres conta con 101 socios, as últimas, os concellos da Cañiza e Salceda de Caselas. Cada vez son máis as entidades e organismos que amosan o seu interese por formar parte deste percorrido enoturístico, pero para ingresar, é preciso comprometerse coa filosofía da Ruta, entre outros requisitos. Actualmente, pola concentración de establecementos e servizos, o Salnés é a subzona que conta con máis presenza na Ruta do Viño. Queda pendente a estrea de Soutomaior, pero Lorena varela asegura que xa están en conversas con empresarios e entidades da zona para incorporarse á Ruta do Viño. Suma de socios e suma de visitantes, porque tamén os turistas aumentan ano a ano. Turismo sobre todo familiar e en parella, aínda que o perfil é do máis variado. A variedade destes visitantes explícase pola diversidade de servizos que ofrece a Ruta. Unha oferta permanente que se reforza con actividades organizadas ó longo das diferentes épocas do ano. Tamén está prevista unha xornada de sendeirismo entre viñedos con visita a adega incluída ou unha sesión de ioga entre vides. A Ruta do Viño Rías Baixas vai acadando maior presenza e captando cada vez máis olladas pero Lorena Varela recoñece que aínda son moi novos. Queda moito por andar. E para obter as pistas de por onde orientarse, moi importante as opinións que lles achegan os turistas que percorren o treito vinícola. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/17/RUTAVINOVERAN.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/17/RUTA_RIAS_BAIXAS.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas