Reciclar en Vilagarcía ten premio

    VILAGARCIA> Reciclar en Vilagarcía ten premio. Así o anunciaron esta mañá en rolda de prensa dende o concello. Unha iniciativa coa que se pretende concienciar aos cidadáns da importancia da vila da importancia da reciclaxe e a correcta xestión dos residuos, ao mesmo tempo que se potencia o comercio local. Reciclar na capital de Arousa ten premio. Teimas Desenvolvemente e o concello de Vilagarcía únense no proxecto Tropa Verde. Unha iniciativa que leva activa dende o pasado 30 de novembro, e que o estará durante todo o ano. Tempo no que se pretende concienciar aos vilagarciáns sobre a importancia da reciclaxe e a xestión dos residuos ao mesmo tempo que se potencia o comercio local. Todos aqueles que queiran participar de esta medida, escoiten que é moi sinxelo. As recompensas que poden recibir os cidadáns divídense en oito categorías distintas: Hostalería, Comercio, Cultura, Concello, deporte, Saúde, Infantil e Estética. Os responsables de este proxecto sinalan que é unha iniciativa que está a ter moi boa acollida entre os comerciantes e hostaleiros da vila, entre os que xa conta con 36 colaboradores.