Veciños de Abuín protestan contra a ampliación do polígono de Sanxenxo

    protestaabuinmeano100_100507.jpgMEAÑO > Un grupo de veciños e propietarios de Abuín manifestáronse onte contra a posible ampliación do polígono industrial …

    … de Sanxenxo. Segundo advirten, de levarse a cabo, afectaría a uns 200.000 metros cadrados neste lugar de Dena (Meaño).

    Os veciños de Abuín, en Meaño, colocáronse cunha pancarta no centro mesmo do terreo que se vería afectado pola ampliación do polígono de Sanxenxo, deixando claro que alí non queren esa área industrial. Os manifestantes indicaron que nos últimos meses os propietarios está a recibir a visita de moitos especuladores, que quererían comprar vivendas e fincas a un prezo moi baixo. A protesta diríxena ó alcalde de Meaño, Jorge Domínguez, e reclaman ó Concello que de facerse o polígono aquí sexa xestionado polo Concello.

    protestaabuinmeano200_100507.jpgA ampliación do polígono de Sanxenxo obrigaría, segundo estes veciños, a derribar algunhas vivendas e a retirar viñedos de albariño, algúns deles plantados hai pouco, ademais de afectar ós montes do lugar de Abuín. Por iso propoñen, que en vez dun polígono se recupere a zona para construír un parque público. Os veciños recoñecen a necesidade de que Meaño teña polígono industrial pero cren que na Pedreira hai terreo suficiente para ampliar sen necesidade de meterse en Abuín.

    Redacción Salnés