O SERGAS afirma que a atención pediátrica na comarca noiesa estará garantida durante o verán

NOIA> O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, explicou que a decisión de centralizar a atención pediátrica en Noia durante os meses de verán para os concellos de Outes, Lousame, Porto do Son e Noia, veu derivada dunha situación de incapacidade temporal de 2 dos seus 4 pediatras.

Ademais, segundo el, a escolla do ambulatorio noiés se debeu a que é o máis equidistante e tamén o de maior recursos para o conxunto da poboación da zona.

Na súa comparecencia o director xeral de Asistencia Sanitaria indicou tamén que nos tres centros que non contarán provisionalmente con pediatra de presenza física, si se disporá de profesionais especializados en enfermería pediátrica que, seguindo criterios de idade, valorarán se os pacientes deben ser remitidos ó pediatra de referencia en Noia, ou ben ó médico de familia correspondente, pois, segundo el, estes últimos tamén contan con formación pediátrica.