Adxudicada a mellora dos accesos ó parque empresarial de Té dende a Laxe e Montegrande

RIANXO> O executivo rianxeiro vén de adxudicar a mellora dos viais de acceso ó parque empresarial de Té dende os núcleos da Laxe, en Taragoña, e Montegrande, en Asados. A actuación, que será realizada pola empresa Movimiento de Áridos y Construcciones de Arosa S.L., conta cun orzamento de preto de 60 mil euros.

Segundo explicou o alcalde, Julián Bustelo, a mellora dos viais de acceso ó parque empresarial de Té dende os núcleos da Laxe, en Taragoña, e Montegrande, en Asados, era unha necesidade, ó atoparse nun estado lamentable polo seu uso e pola falla de mantemento. A actuación, que será realizada pola empresa Movimiento de Áridos y Construcciones de Arosa S.L., conta cun orzamento de preto de 60 mil euros.

Por outra banda o executivo rianxeiro acometerá tamén outra actuación de mellora de viais que afectará a un dos tramos que peor está no acceso dende o núcleo da Capela a Cerqueiras, na parroquia do Araño.